Creación do Concello
En 1820 creáronse en Trasancos unha serie de concellos con orixe nas Cortes de Cádiz e a base territorial das antigas xurisdicións. En 1837 comeza o labor do Concello de Narón, localizado na Pena de Embade.Coincidindo coa creación dos concellos prodúcese unha masiva compra de terras polos grandes latifundistas. Isto ocasiona un deterioro progresivo e un endebedamento dos labregos, co que desaparece a pequena propiedade. A mediados do século XIX, a industria do Concello de Narón renóvase totalmente, xurdindo os laminados de cobre e os teares.