A romanización
Nesta época, a vida cotiá dos castros non sofre variación.Tampouco o medio nin as institucións políticas sufriron grandes cambios, xa que a romanización apenas tivoincidencia nas nosas terras. O que si é certo é que do seu paso polo noso territorio quedaron algúns sinais importantísimos. No eido da cultura material dos conquistadores temos os restos de vasillas finísimas do cuncheiro de Lóngaras (A Gándara) que datan dos séculos I a.C./I d.C. Xa nos momentos finais do Baixo Imperio se impón unha nova forma de ocupación que convive co hábitat castrexo, as villae, centros administrativos e receptores das rendas dos labregos.