Primeiro documento
Ata o ano 977, no que aparece na colección diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia o primeiro documento, a historia de Trasancos escribíase nas epígrafes doutras terras. Desde este momento poderemos comezar a escribir con carácter autóctono, desde nós e sobre nós. Coa lectura do manuscrito, asinado por Visclavara Suarit, sabemos que San Martiño é o eixo de toda a vida trasanquesa, non só como difusor cultural a través da escritura senón como centro político, económico e relixioso.