Século XVI
O noso concello articúlase no século XVI nunha serie de coutos ou xurisdicións de novo cuño, relacionadas cunha serie de casas tradicionais. O couto de Trasancos era xurisdición de Antonio de Castro. Tamén existían San Xiao de Narón, dependente da vila de Ferrol, San Mateo de Trasancos, O Val e o Couto de Pedroso, que comprendía catro parroquias. Coa merca da xurisdición dos coutos monásticos, os fidalgos impoñen as bases da preeminencia territorial.Os labregos trasanqueses con terras propias víronse despoxados delas mediante roubos ou vendas impostas pola fidalguía. A partir de entón só as poderán obter por un alugueiro curto de entre seis e oito anos.