RUTA DO CAMIñO VELLO A TEIXIDO
Chegada: Teixido
Lonxitude: 42 Km estimados
Duración: 13 horas en total
Dificultade: Media
Esta rota, de nove quilómetros de extensión, percorre as ribeiras do Río Xuvia, o principal do concello. É un agradable paseo descendente, entre vizosa vexetación, que chega ata a ría de Xuvia, sorteando muíños e demais construccións e industrias de carácter fluvial (pesqueiras, presas, pontes...), entre as que destaca con nome propio a fábrica de moeda, no interesante núcleo histórico de Xuvia.
Algúns lugares de interese:
Mosteiro do Couto: aínda que non se coñece a súa orixe, nalgúns documentos do século X este mosteiro cluniacense de Xuvia cítase como moi antigo. Xa por esa época era un dos máis importantes da comarca. A edificación do actual mosteiro do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en 1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto ao mosteiro, que está declarado monumento artístico nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construcción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de cantería no seu contorno.
Muíño das Aceas:: o muíño de mareas das Aceas foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia no século XIX, cando recibía o trigo desde Ucraína e América. Creado a finais do século XVIII, e promovido por unha sociedade de empresarios galegos e franceses, o edificio consta de represa, muíño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo pechado cun muro de pedra. Esta Real Fábrica de fariñas é unha obra de grandes dimensións, que permite a entrada das mareas a través dunha comporta xiratoria e embalsa máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxía dabondo para mover as grandes pedras moedoras de que dispón.
Pazo de Libunca:: esta casona da Pena de Embade é unha construcción realizada pola familia dos Montenegro en 1918. Desa época mantén a súa decoración de liñas modernistas, con columnas e balconadas reberetadas de cerámica traída de Levante. O coñecido como chalet de Cabezas, que se convertirá próximamente nun hotel de luxo, tamén conserva as verxas de reixería, o pórtico de columnas neoclásicas e un minixardín botánico, no que se atopa unha bonita fonte de cerámica.
Monte de Nenos:: o monte de Nenos, na parroquia de Sedes, conserva os vestixios máis antigos do concello, con máis de 3.000 anos de historia. O cemiterio prehistórico ten máis de 17 mámoas catalogadas, unhas das cales é visible desde a pista que percorre a rota.
POR ONDE IR
De toda Galicia, e incluso de fora de Galicia van os peregrinos a San Andrés de Teixido, pero o camiño clásico e o que aglutinaba és romeiros que querían completa-la súa peregrinación a Teixido partía precisamente de Narón, do Mosteiro de Xuvia ou de O Couto, onde vemos hoxe o taboleiro anunciador da antiga ruta coñecida como Camiño Vello a Teixido. Unhas frechas gravadas en cor verde sobre táboas de madeira, colocadas oportunamente en cada cruce de camiños, vainos orientando na nosa marcha.
A lenda e de todos coñecida: Cristo estaba recorrendo o mundo e, canso de andar, detívose en Teixido. Para recuperar forzas tomou unha mazá e cando a abriu atopou nela a San Andrés. O Santo queixouse amargamente da súa situación, esquecido e abandonado naquelas apartadas terras. Xesús compadeceuse e prometeulle a San Andrés que a súa romaría sería a máis visitada, xa que ninguén, nin morto, nin vivo, deixaría de acudir a ela. Outras versións din que Xesús lle respondeu: Queda aí San Andrés que quen no veña de vivo unha vez virá de morto tres.
Inicirémo-lo noso recorrido, pois, no adro da igrexa de San Martiño de Xuvia seguindo as indicacións. Ós 13 Km de recorrido por terras de Narón, haberá que engadir logo outros 29 Km polos municipios de Valdoviño e Cedeira. Comezaremos subindo cara o Outeiro do castro de Petouzal, cuberto de bosque, para baixar axiña ó Muiño das Aceas. Logo de atravesármo-la Estrada de Castela, pasaremos preto do castro de Sequeiros, percorrendo a corredoira de Feal e outros camiños que nos levarán cara á Pena de Embade. Seguiremos polos lindes entre os municipios de Narón e Valdoviño, Carreira de Arriba, Monte Boeira, Carballo e as ladeiras do Monte Esperón con amplias vistas sobre o val de Trasancos, os montes de A Lagoa e o grande areal de A Frouxeira.
O percorrido a trvés do municipio de Valdoviño levaranos polos montes de A Moura ata as marxes do encoro de As Forcadas, en medio duna paisaxe apacible e tranquilizadora, para baixar precipitadamente a Vilarrube e cegar ó Porto do Cabo. Aquí era tradición pasar a última noite antes de emprendela última xornada de marcha ata San Andrés. Aínda conservan os vecinos deste lugar o seu talante hospitalario e ofrecen ó peregrino refixio nos seus pallares para descansar. A última etapa iníciase en Porto do Cabo, a 11 Km de Teixido, ascende ata Viciñeira e enlaza cunha pista foreswtal que atravesa a serra de A Capelada ata Candales. A ruta descende desppois a Veriño, onde encontrámo-los primeiros amilladoiros, para seguir por Reboredo e, atravesando o Chao de Uzal, cegar ó Cristo dos Cadrís. Dende alí iníciase o descenso de 1,5 Km, pola Costa Grande ata Teixido.
As reliquias de San Andrés ou sanandreses son pequenas figuras de masa de pan, sen fermentar e pintados de cores. As figuras tradicionais ern as pombas, a man, a rosca trenzada e as representacións humanas, aínda que agora existen máis modelos: áncoras, rodas, corazóns, trevos e outros motivos vexetais. Na fonte do Santo, os romeiros beben auga dos seus tres canos. Tras pedir un desexo, poden saber se este sera concedido, para sabelo bótase unha migalla de pan na pía da auga. Se a migalla flota, o desexo cumprirase, se pola contra se afunde a petición será rexeitada.