Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Rutas Turísticas

RUTA DE LOS TERRITORIOS CELTAS

Castro
Castro

Saída: Castro de O Pedrouzal

Chegada: Estación de Feve de Pedroso

Lonxitude: 16 Km

Duración: 4-6 horas

Interese: Histórico-Arquitectónico-Etnográfico

Dificultade: Media

Rota de gran contido histórico, a través de 16 quilómetros leva ao camiñante polos castros de Narón. Chegaron ata nós seis mostras destes asentamentos fortificados, que ofrecen a posibilidade de contemplar as súas plantas concéntricas e restos dos seus sistemas defensivos. Ademais, esta rota dos territorios celtas ofrécenos unha visión inmellorable dos vales de Trasancos e Pedroso.

Algunos lugares de interés:

Monasterio do Couto: aunque no se conoce su origen, en algunos documentos del siglo X este monasterio cluniacense de Xuvia se cita como muy antiguo. Ya por esa época era uno de los más importantes de la comarca. La edificación del actual monasterio do Couto es obra de comienzos del siglo XII, merceda a una donación del conde de Traba realizada en 1137. Entre sus grandes protectores hay que destacar al rey Fernando II de Galicia y León. Junto al monasterio, que está declarado monumento artístico nacional por el Ministerio de Cultura, se encuentra la iglesia de San Martiño, con una construcción actual que data del siglo XII, si bien su fachada y la torre son del siglo XVIII. La iglesia representa un estilo arquitectónico propio dentro del románico gallego. Tiene tres ábsidas que culminan en una planta basilical de tres naves y una puerta principal con arquivoltas. En su interior existe una tumba de la familia Esquío y varios ataúdes de cantería en su contorno.

Castro de Petouzal:: este castro, situado no Couto, responde á tipoloxía de asentamentos costeiros que utilizaban a ría como fonte de recursos alimentarios mercé á pesca, etc. Del só se conservan os muros, de dez metros de altura, e os foxos, cunha profundidade de cinco metros. Ambos os dous están situados na súa cara sudoeste, mirando ao val de Trasancos.

Castro de Eiravedra:: é o castro prevalente de Narón. Domina a paisaxe e o territorio, desde o val de Pedroso á ría de Xuvia e ata as terras de San Sadurniño. A súa forma é ovalada, cunha muralla no interior e un terraplén cara ao exterior. Neste castro podemos atopar vestixios dalgunha vivenda, tamén de forma circular. Unha mostra da magnitude e a relevancia estratéxica deste asentamento témola nas torres de defensa da entrada nordés e na altura dos valados circundantes.

Sartegos medievais do Couto
Sartegos medievais do Couto
Pazo de Baltar
Pazo de Baltar
Territorio celta
Territorio celta

POR DONDE IR

Podemos comenzar este recorrido, partindo do adro do mosteiro de O Couto, onde verémolos sinais do camiño vello de Teixido. Subiremos en dirección de A Picota ata ve-lo acceso a un monte onde verémo-los foxos e muros defensivos do castro do Petouzal, que acadan nalgúns segmentos os 5 m e 10 m de profundidade e altura respectivamente. Logo atravesando o Muiño das Aceas, dirixirémonos o castro de Narón ou de Sequeiro, que ten un recinto oavalado de 140-120 m de eixes, ocupado con varios cultivas, parte da muralla e un antecastro no que crece un prado. Din as lendas que está comunicado por túneles submarinos cun Pazo dos Mouros, en Pena Ferreira, preto da poboación de Castro.

Baixando de Sequeiro cara Narón, encontrarémo-la estrada de Os Vicás, que pasa preto do castro deste nome e mais adiante do de Revolta. O castro de Os Vicás é moi sinxelo, de forma ovoidal cuns 100 m de eixe mayor e unha abertura practicada modernamente ó SE. Un pouco mais pequeño, pera tamén de forma ovoidal é o castro de A Revolta, cuberto de Bosque e cortado por un camiño de carro polo norte. Continuando nesta dirección chegaremos a Sedes, parroquia que se estende na ladeira occidental do castro de Eiravedra, que ofrece dende moi lonxe a típica silueta dos castros galegos. Ten forma ovalada con dous circuitos concéntricos de 130 e 140 m., o interior con muralla e o exterior con terraplén. Ten dúas entradas modernas e vestixios dalgunha vivenda circular. Sobre este castro conta unha lenda que querendo casar unha parella, o pai dela non llo permitía, amenazándoa con encantala e levala á croa do castro ó sair unha galiña cos seus poliños dando voltas arredor do castro. A xove quedou convertida nunha grande e fea cobra. Para desencantala o noivo debería darlle un bico e aínda que lle costaba facelo por fin se decidiu. Entón a serpe converteuse nunha fermosa muller espida.

Dirixíndonos pola AC-112 a San Sadurniño, pasamos pola poboación de Pedroso. Ó norte de este lugar, na aba do Monte dos Nenos, está o castro de Pereiruga, menos definido cós anteriores, preto da aldea de Pereiruga de Abaixo, onde se conserva un conxunto de típicas casas rurais galegas. Ó sur do poboado de Mosteiro (Pedroso) veremos por fin, moy preto da ermida da Virxe da O, sobre un outeiro amesetado, o castro de A Ernida. En realidade e xa pouco o que se pode adivinar do castro, sobre o que se trazou unha estrada e se edificaron instalacións deportivas.


<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal