RUTA DAS IGREXAS, CAPELAS E CRUCEIROS
Chegada: Igrexa mosteiro do Couto
Lonxitude: 25 Km
Duración: 8 horas
Interese: Arquitectónico-Antropológico
Dificultade: Baixa
Nesta rota poderemos gozar dun dos tesouros do concello, as súas igrexas, capelas e cruceiros. Desde a construcción do mosteiro do Couto ata as últimas capelas deste mesmo século, pasaremos por todo tipo de edificacións relixiosas. Nesta ocasión, ao seu interese artístico, posible gracias a súa boa conservación, únese o aspecto espiritual e antropolóxico que sempre ofrecen as construccións relixiosas.
Algúns lugares de interese:
Igrexa de San Lourenzo de Doso: unha vistosa bóveda de canón, do século XVI, recibe o visitante nesta igrexa vella de San Lourenzo. Actualmente está medio ruinosa, pero elementos coma súa Torre do Campanario manteñen a beleza deste modelo de igrexa parroquial galega.
Capela da O:: nos tempos de seca sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir que chovese. Malia que non sempre o deu feito, froito da forte devoción popular construíuse esta sínxela capela na súa honra e creouse a romaxe que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da Capela da O atópanse a ponte de Chao e os muíños de Perfecto e Chao.
Igrexa de San Salvador:: esta igrexa, situada na parroquia de Pedroso, é a herdeira do antigo e desaparecido mosteiro de Pedroso, que aló polo século XIII estaba no seu esplendor. O cruceiro figurado do adro, o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadeiro, está construído en pedra serpentina, ou toelo, das canteiras de Moeche.
Capela de Santa Margarida:: ao abeiro dos Andrade, no século XV, púxose en pé esta capela de Santa Margarida do Val, unha das máis antigas do Concello. Hoxe en día atópase algo deteriorada. A súa portada ten un interese especial, de estilo gótico serodio, e nela incorpórase un xabarín, símbolo dos señores de Andrade. Xunto a ela destaca un cruceiro antigo coas imaxes de Cristo e Santa Margarida, construído en toelo de Moeche.
Mosteiro de O Couto:: aínda que non se coñece a súa orixe, nalgúns documentos do século X este mosteiro cluniacense de Xuvia cítase como moi antigo. Xa por esa época era un dos máis importantes da comarca. A edificación do actual mosteiro do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en 1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto ao mosteiro, que está declarado monumento artístico nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construcción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de cantería no seu contorno.
POR DONDE IR
Para coñecer todos estos monumentos de carácter etnográfico y relixioso, teremos que facer un longo percorrido por toda a superficie do municipio. Seguiendo como sempre as proposicións de Alfonso Filgueira López no seu Coñecer Narón en nove itinerarios, comezaríamo-lo noso recorrido en Doso, preto da estrada de Ferrol a Ortigueira, C-641, á altura de Vista Alegre. A iglexa de San Lourenzo de Doso se atópase en estado ruinoso, aínda que conserva da sua primitiva construcción, quizais do século XVI, a bóveda de canón e maila torre do campanario, típicas do estilo rural galego. Atravesando o río Xivia cara ó norte, en dirección de Pedroso encontramola capela de Nosa Señora da O, sinxela na súa construcción, pero de grande devoción popular. A romaría da O, o segundo fin de semana de maio, convoca unha grande multitude de romeiros, que acoden recordando vellas lendas e a intervención a Virxe en favor da chuvia nas longas sequías. No centro da poboación de Pedroso, levantase a moderna igxesa que lembra co as súas lápidas na porta de entrada o esplendor do antigo mosteiro medieval. No adro érgese un cruceiro con pousadoiro construído en pedra serpentina ou toelo das canteiras de Moeche.
Continuando po la AC-112 cara Castro e desviándonos en Vilallonte á dereita poderemos visita-la capela de San Vicente de Placente, da que consta documentalmente que existía no século XVI, aínda fue foi profundamente restaurada modernamente, cunha bonita espadana. Tamén ten un sinxelo e diminuto cruceiro no campo que a rodea. Non lonxe dela está a de San Estebo de Sedes, de liñas sinxelas pero elegantes, con fachada e torre barrocas, e no interior un ben cuidado retablo e o correspondente cruceiro no adro. Máis ó norte está a Feira do Trece, que ten a súa orixe na festa de Santa Lucía, o trece de dicembro. O lugar, con lembranzas prehistóricos do pobo celta de Trasancos, foi cristianizado co a capela de Santa Lucía, con posible referencia a un antigo culto á luz.
Preto do empalme da estrada AC-112 de San Sadurniño a Castro, vémo-lo templo parroquial de Santa María de Castro, que está documentado, como outros do municipio, en épocas medievales, ainda que as suas construccións actuais non semallan ir máis alá dos séculos XVII y XVIII. O cruceiro permanece mutilado. A iglexa de San Xiao de Narón, só ten como dato histórico interesante o feito de ser ter construído no seu adro o Cocello de Narón, tal como indicamos na reseña histór.
Dende Castro podemonoss dirixir a Val pasando por Santa Margarida, antes de chegar á C-646 de Ferrol a Valdoviño. A capela de Santa Margarida, do século XV, é unha das máis antigas do municipio. Aínda que algo deteriorada, conserva unha bonita portada con arco conopial, de estilo gótico serodio, xabarín, símbolo totémico dos Andrade e un cruceiro antigo coas imaxes de Cristo e de Santa Margarida, construído en p ou toelo das canteiras de Moeche. Seguiremos en dirección de Valdoviño ata o cruceiro que nos indica a desviación a Baltar, onde se conserva ben coidado o convento-pazo do Mosteiro de Baltar e unha moderna capela adosada ó edificio con escalinata, campanario e retablo neobarroco no interior.
Regresando cara a capital municipal, poderemos ver de paso algúns templos interesantes coma os parroquiais de Santa María a Maior de Val e San Mateo de Trasancos, que conserva o nome da histórica terra de Trasancos, identificadas dende as súas orígexes celtas co Concello de Narón. Non facemos referencia aquí á igrexa de San Martiño de Xuvia, pegada o antigo mosteiro de O Couto, porque xa a describimos cando falamos dos mosteiros.