O CONCELLO OFRECE UN HOMENAXE Ó ÚNICO HOME CENTENARIO DE NARÓN, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA DO MAIOR
Jose Luis López, residente en San Mateo, ten actualmente 101 anos de idade.
Narón, 1 de Outubro de 2013.- A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, e a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, realizaron unha visita hoxe ó único home residente en Narón que ten superada a barreira dos 100 anos de idade. Este encontro realizouse coincidíndo coa celebración do Día do Maior.
A persoa homenaxeada é José Luis López López, un veciño de San Mateo de 101 anos de idade que ten no seu haber a distinción de ser o único home centenario do municipio. Existen tamén 7 mulleres centenarias en Narón, algunhas das cales xa foron distinguidas en anos anteriores. Recibíu de mans das concelleiras un diploma acreditativo de ser o home máis lonxevo do municipio, e tamén unha cesta de prantas.
José Luis López deu mostras de ter unha grande vitalidade, pero sobre todo, de conservar en perfecto estado a súa memoria. Proba delo é que unha das súas aficcións preferidas é xogar ó tute cun grupo de amigos/as que o visitan a cotío. Tamén gústalle o fútbol, e defínese como seguidor do Real Madrid. Outro dos seus pasatempos favoritos é ver a televisión, e dentro da programación elixe o Telediario e o programa Pasapalabra.
Nacido en Sarria (Lugo) e residente en Narón, José Luis López tivo na súa vida dous profesións: carpinteiro e xoieiro. Esta última desenvolveuna en Colombia onde vivíu gran parte da súa vida. Na súa familia tamén hai outra persoa centenaria: unha irmá de 103 anos de idade, que reside noutro municipio.