Será o sábado 9 de novembro a partires das 17:30 horas. Convídase a tódala veciñanza a participar nesta actividade tradicional.
Narón, 08 de Novembro de 2013.- A parroquia de Doso acollerá mañá sábado a 16ª edición da Recreación da Esfolla Tradicional, na que poderán participar tódolos veciños/as de Narón, a partires das 17:00 horas. Trátase dunha actividade promovida polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, en colaboración coa AVV A Naveira de Doso.
O programa deste festexo inclúe as seguintes actividades:
-Recibimento da comitiva dos carros de maínzo (dous carros cargados de maínzo sairán do rueiro da Braña e de Cousa, acompañados de grupos etnográficos, para chegar ó tempo ó pe da pista polideportiva de Doso, onde serán recibidos polos bailes e a música dos Grupos do Padroado da Cultura).
-Exposición e obradoiro de bonecos de maínzo (exporanse os bonecos realizados por escolares de Educación Primaria dos colexios de Narón. Ademáis, haberá un obradoiro de construcción de figuras tradicionais a partir da folla do maínzo, tal e como se facía nas casas labregas de Galicia para enredo dos máis pequenos.)
-Música e danza tradicional.
-Esfolla do maínzo (unha vez descargado o maínzo, os máis vellos do lugar inauguran a esfolla coma homenaxe á labor feita na salvagarda desta tradición)
-Obradoiro de bolas da sartén (nenos e adultos poden participar facendo a súa bola).
-Concurso de sobremesas (realízase por tercer ano o concurso de sobremesas no que participa a veiciñanza de Doso, e que logo se reparten entre os asistentes á Esfolla).
-Actuación do grupo “Pesdelán”.
Ademáis, a AVV A Naveira de Doso convidará a todos/as asistentes a castañas e a una chocolatada popular.