A ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NARÓN PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN SOCIAL
Levará a cabo programas de carácter ocupacional para persoas con discapacidade. O Concello achegará un total 12.000 euros.
Narón, 11 de Novembro de 2013.- O Alcalde Accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a presidenta da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Concepción Lage Menéndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración anual, acompañados pola Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio.
A través deste acordo, o Concello de Narón achegará unha subvención de 12.000€ á entidade Nuestra Señora de Chamorro, para colaborar nos seguintes programas e actividades:
-Desenvolvemento de programas de carácter ocupacional para persoas con discapacidade psíquica, física e/ou sensorial, e veciños de Narón en particular.
-Realización de programas de ocio e tempo libre para persoas con discapacidade psíquica, física e/ou sensorial.
-Colaboración e apoio dos programas municipais para persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial.