A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO ACOLLE DÚAS NOVAS SESIÓNS DE CONTACONTOS PARA BEBÉS E NEN@S DE 4 A 9 ANOS DE IDADE
En ambos casos é imprescindible reservar praza. A asistencia é gratuita.
Narón, 14 de Novembro de 2013.- A Concellería de Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de presentar o programa de actividades para a segunda quincena do mes de novembro, composto por unha exposición de pintura, e dous sesión de contacontos para bebés e nenos/as de diferentes idades.
Así, a partires de mañá venres 15 de novembro, poderase visitar a exposición “Obradoiro plástico” da Asociación Cultural Tartares de Santa Icía. Trátase dunha mostra formada por 15 cadros, que poderán ser contemplados ata o día 30 de novembro na planta baixa da biblioteca (accédese pola entrada principal da Biblioteca) no horario de apertura habitual.
Outra das actividades programadas é o contacontos “Contos para dous anos e trinta minutos” que se desenvolverá o sábado 16 de novembro, de 11:00 a 11:30 horas. Está dirixido a bebés entre 18 e 36 meses, e para asistir é imprescindible reservar praza telefónicamente (no número 981 38 21 73) ou de forma presencial.
Por último, o sábado 30 de novembro se representará outro contacontos esta vez dirixido a nen@s de 4 a 9 anos de idade. “Os Bip-bip aterran en Narón” se porá en escena de 11:00 a 12:00 horas, e tamén é imprescindible reservar praza a partires do luns 25 ás 16:00 horas. Esta obra é unha adaptación do conto “Os Bip-bip aterran en Narón” de Abraham Carreiro Fernández, J. Carlos Martínez Muñoz e Xosé Carreiro Moteiro, editado polo Concello de Narón.