RECEPCIÓN Ó CLUB DE BAILE DEPORTIVO DE NARÓN, POLOS ÉXITOS ACADADOS NESTA TEMPORADA
Acaban de lograr o segundo lugar no Campionato de España de Baile Deportivo 2014.
Narón,8 de Novembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción ó Club de Baile Deportivo (CBD) de Narón, por ter acadado o segundo lugar no Campionato de España de Baile Deportivo 2014.
Este evento celebrouse o pasado 19 de outubro en Guadalajara, e no mesmo o CBD de Narón logrou o título de Subcampións de España na categoría de clubs.
O rexedor naronés desprazouse ata o Pazo da Cultura para realizar este homenaxe ó club, posto que é neste lugar onde realizan os ensaios. José Manuel Blanco entregoulles unha placa conmemorativa do seu logro. Estivo acompañado pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e polo Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo.