O novo espazo público dispón de xogos para nenos/as e elementos de ximnasia biosaudables para persoas maiores.
Narón, 23 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e representantes políticos da Corporación Municipal inauguraron hoxe o parque infantil e biosaudable de San Xiao, situado xunto ó local social desta parroquia.
Trátase dun novo espazo público cunha superficie total de 150 m2, dividido en dúas zonas claramente diferenciadas: un parque infantil e un parque biosaudable. As obras de acondicionamento de ambos espazos foron realizadas pola empresa Gabadi nun prazo de 3 meses, e cun orzamento total de 35.997€ (dos cales o Plan Leader de Costa Artabra aportou 11.800€ e a Concellería de Obras Públicas de Narón financiou a cantidade restante).
O parque infantil dispón de 4 elementos de xogo: un tobogán, un columpio dobre, un balancín dobre e outro individual. Ó seu carón habilitouse o parque biosaudable, con outros catro dispositivos de ximnasia para persoas maiores: un timón, un elevador, un xogo de estiramento de pernas e outro de cintura.