PRESENTACIÓN DAS CHARLAS INCLUIDAS NO PLAN DE FORMACIÓN A AUTÓNOMOS, PEME E PEQUENO COMERCIO DE NARÓN 2015
Se celebran de xaneiro a abril no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre.
Narón, 15 de Xaneiro de 2015.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, presentaron hoxe en rolda de prensa o Plan de Formación a Autónomos, PEME e Pequeno Comercio de Narón 2015.
Trátase da 4ª edición das charlas formativas dirixidas a a autónomos, pequenos e medianos empresarios e comerciantes en xeral, que organiza esta concellería en colaboración coa ACN. Estas conferencias teñen un carácter gratuito e proporcionan información práctica en diversas materias de interese para este colectivo profesional. Durante o ano 2014 organizáronse tres edicións destas charlas, cunha periodicidade cuatrimestral (agás no verán).
Se desenvolverán no Café Teatro do Pazo da Cultura, de xaneiro a abril de 2015, a partir das 20:45 horas. O programa das charlas é o seguinte:
-Xoves 22 de xaneiro: “Orzamento e Tributos do Concello de Narón para o ano 2015”, a cargo do Concelleiro de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica, Pablo Villamar.
-Xoves 19 de febreiro: “Financiamento: Mitos e realidades” a cargo de Patricia Vilar (avogada) e Manuel Rey (economista).
-Xoves 12 de marzo: “Estratexias para o incremento das vendas” a cargo de Rocío Infante, asesora de Marketing.
-Xoves 23 de abril: “Planificación Patrimonial: cómo crear e xestionar o teu plan de pensións”, a cargo de Patricia Vilar (avogada) e Manuel Rey (economista).