ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA 'HABILITA 2015'
O Concello oferta 8 cursos para desempregados empadroados no municipio. A selección do alumnado realizarase por orde de inscrición.
Narón, 6 de Marzo de 2015.- O Concello de Narón abrirá o luns 9 de marzo o prazo de inscrición para os cursos do programa “Habilita 2015”, dirixidos a veciños/as de Narón desempregados/as e que sexan maiores de 18 anos.
As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 13 de marzo (incluído) e deberán vir acompañadas das fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).
O alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición, e só se poderán solicitar dous cursos como máximo. A relación de cursos ofertados (todos de carácter gratuito) é a seguinte:
Ámbito interprofesional:
-Prevención de riscos laboráis.
-Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos.
-Curso preparatorio para o obtención do permiso BTP.
-Conversación en inglés.
Ámbito interprofesional de innovación e emprendemento:
-Falemos de negocios” con marketing nas redes sociais e posta en marcha de negocio on-line.
Ámbito de iniciación profesional:
-Fontanería básica.
-Cociña básica para hostalería.
-Peixeiro/a.