O programa divídese nunha parte teórica e outra práctica. Hai 12 prazas disponibles e se asignarán por orde de inscrición. As solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello ata o 28 de marzo.
Narón, 16 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Narón vende mais”, acompañado pola representante da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Eva Pena, e a responsable da empresa Clima Comunicación, Rocío Infante.
Trátase dun curso dirixido a comerciantes de Narón, que se desenvolverá en dous fases: unha parte teórica (os días 9 e 11 de abril, na aula CEMIT de Xuvia) e outra práctica (no propio comercio de cada participante).
Este curso ten carácter gratuito, e o prazo para inscribirse no Rexistro Xeral do Concello permanecerá aberto do 17 ó 28 de marzo –ambos incluídos-. Haberá 12 prazas dispoñibles, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. No caso de existir unha forte demanda, o Concello estudiará a posibilidade de organizar unha segunda edición do mesmo.
O Concelleiro de Promoción Económica animou ós comerciantes a participar neste curso, dun marcado perfil práctico. Os participantes aprenderán a profesionalizar o seu negocio para poder obter o maior rendemento posible, a través de técnicas de venta coma o marketing, o escaparatismo e as promocións e ventas especiais.