A CORPORACIÓN LOCAL TRANSMITE AS SÚAS CONDOLENCIAS AOS CONCELLOS DE CAMBRE E CARRAL POLO ACCIDENTE REXISTRADO NO RALLY DA CORUÑA
No suceso faleceron seis persoas e quince resultaron feridas pero un día máis tarde finou unha menor
Narón, 7 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un burofax que se remitiu aos Concellos de Cambre e Carral para transmitirlles aos alcaldes de ambos municipios, José Luis Fernández e Óscar García, respectivamente, o seu pésame e o da corporación local de Narón polas “irreparables consecuencias” do accidente que tivo lugar na xornada do pasado sábado no Rally da Coruña, con seis vítimas mortais e dezaséis feridos, dos que unha menor faleceu tamén nas últimas horas.
No escrito o alcalde transmitiu ademais o desexo da corporación local dunha pronta recuperación para as persoas que resultaron feridas no fatal accidente e transmitiu as condolencias ás familias das vítimas.