A mostra poderá visitarse ata o 20 de novembro
Narón, 29 de outubro de 2015. A concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a inauguración da exposición “O sentir das miradas”, do pintor galego Manuel Carballeira, no Pazo da Cultura.
O pintor, cunha dilatada traxectoria profesional e varios premios no seu haber, entre eles o primeiro do Concurso de Pintura “Cidade de Narón” deste ano, trouxo ao Pazo algunhas das súas obras, que se poderán ver ata o vindeiro 20 de novembro, tal e como recordou a edil naronesa.