As empresas Alcampo e Begano S.A. doarán material para realizar actividades de educación vial nos centros escolares
Narón, venres 8 de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón a través do seu Alcalde, Xoán Gato, firmou esta mañá sendos convenios de colaboración coas empresas Alcampo e Begano S.A. (esta última, responsable da marca Coca-Cola en Galicia). Ambas firmas comprométense a impulsar o programa de educación vial promovido polo Concello, mediante a doazón de material (como bicicletas ou monopatíns) para a realización de diversas actividades relacionadas con este tema.
Pola súa banda, o Concello colocará o logotipo destas marcas no libro de Educación Vial “Somos colegas na rúa”, no que se recollen tódalas normas de seguridade vial que deberán cumprir os peóns, conductores e pasaxeiros. O convenio firmado hoxe estará en vigor ata o 31 de decembro de 2008.
A este respecto, o Alcalde expresou o seu agradecemento ós patrocinadores por colaborar co programa de educación vial, e declarou ademáis que ésta "debería ser unha asignatura obligatoria nos colexios, para formar ós pequenos nos peligros da circulación vial”.
A Policía Local de Narón colabora neste proxecto de xeito activo, xa que os axentes son os encargados de desenvolver o programa “Narón, camiñemos seguros” que se leva a cabo nos centros educativos do Concello. O Xefe da Policía Local, Eduardo Pita, asistiu á firma do convenio na que tamén participaron Jose Angel Vigo, delegado territorial de Begano S.A., e Javier de Paz, director de Alcampo en Ferrol.