A convocatoria, aberta á cidadanía en xeral, terá lugar no salón de actos da Asociación de Veciños do Val, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico
Narón, 28 de maio de 2018. O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, presentará esta tarde a charla sobre o Plan Forestal de Galicia que impartirá a enxeñeira técnica Patricia Sánchez, da Asociación Sectorial Forestal Galega. A convocatoria, aberta á cidadanía en xeral, fixouse para as 19.30 horas e terá lugar no salón de actos da Asociación de Veciños do Val, tal e como apuntou o edil naronés.
O concelleiro animou á veciñanza a asistir a esta charla, na que poderán solicitar toda a información que consideren oportuna sobre este Plan Forestal, que virá a ordear, unha vez se aprobe definitivamente desde a Xunta, o espazo dos montes da comunidade autónoma e, polo tanto, a renovar o documento ata agora en vigor, que data do ano 1992.