O vehículo estará operativo de 10.00 a 15.00 horas en las inmediaciones de la Plaza de la Constitución
Narón, 18 de abril de 2019. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará operativa na xornada do vindeiro sábado, día 20, nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina. O persoal desa unidade atenderá ás persoas que acudan a doar entre as 10.00 e as 15.00 horas.
Dende ADOS recordaron que aquelas persoas que vaian a doar sangue teñen que almorzar previamente e deben esperar dúas horas despois de xantar para realizar a doazón. Así mesmo, terán que presentar a tarxeta de doador, o DNI ou un documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que tomen algunha medicación.