A xornada central se celebra o sábado 13 de xuño, cunha competición dividida en cinco tramos a dobre pasada
Narón acollerá os días 12, 13 e 14 de xuño a celebración do XXI Rallye "Cidade de Narón" que discurrirá tamén polos concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Somozas e A Capela. Un total de 264 persoas colaborarán nesta 22º edición, que é puntuable para o Campeonato Galego de rallyes de Asfalto. Perto de 100 comisarios de ruta (radioaficionados) dispersaranse ó longo dos 10 tramos cronometrados por estradas pechadas ó tráfico cos que conta esta edición. Haberá tamén máis de 40 persoas adicadas ó cronometraxe, e 44 persoas que formarán o equipo de dirección de carrera.
En total, participarán 132 pilotos que percorrerán cinco tramos a doble pasada, facendo un total de 364,050 kilómetros. Entre os presentes nesta 22 edición do Rallye de Narón, cabe destacar ós pilotos Pedro Burgo e Alberto Meira.
Este Rallye repartirá un total de 13.810 euros en premios.
Para ampliar esta información e consultar os tramos, pódese visitar a web do evento: www.rallyenaron.org