UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NA PRAZA DA GÁNDARA
O vehículo localizarase na citada ubicación en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas
Narón, 28 de setembro de 2020. Unha das unidade móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá no barrio da Gándara, concretamente nas inmediacións da Praza da Gándara (rúa Pintor Soutomaior), entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que poidan acudir a doar sangue poden reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.
Entre as recomendacións de ADOS incídese en que é preciso que almorcen, esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, leven a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar. Tamén é preciso que informen ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.
Nas unidades móbiles de ADOS garántese a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar a través de exhaustivos protocolos de seguridade.