O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NA BOLSA DE EMPREGO E OPTAR A UNHA PRAZA DE TÉCNICO AUXILIAR DE XESTIÓN DE SERVIZOS DIXITAIS
As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 6 de outubro para poder anotarse na Bolsa de emprego
Narón, 30 de setembro de 2020. O Concello de Narón publicou no Boletín Oficial da Provincia do pasado 21 de setembro o anuncio da apertura do prazo para anotarse na Bolsa de emprego municipal e optar a unha praza de Técnico auxiliar de xestión de servizos dixitais (Grupo C1). O requisito esixido, tal e como figura na convocatoria, é dispoñer do título de Técnico de grao medio en estudos relacionados coa rama de informática ou comunicacións.
As persoas interesadas en anotarse dispoñen de prazo ata o vindeiro 6 de outubro para presentar as solicitudes, dispoñendo de toda a información sobre este anuncio na Sede Electrónica do Concello, no apartado “Bolsa de emprego”.