Está prevista a participación de seis agrupacións procedentes de toda Galicia
Narón, 25 de Xuño de 2009.- A Sociedade Cultural e Recreativa (SCR) “A Pombiña” (Pedroso) organiza os dias 27 e 28 de xuño o XII Encontro de Corais no que participarán seis agrupacións de toda Galicia. A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, felicitou hoxe á directiva desta asociación, que este ano celebra o seu 30º cabodano. “En Narón, a vida das asociacións é moi activa”, sinalou.
O programa do encontro de corais é o seguinte:
SÁBADO 27 DE XUÑO
-Coral Polifónica de Taboada (Lugo). Director: Xose Luis Reza Cabano
-Asociación Verinense Amigos da Música- Verín (Ourense). Director: Edelmiro Mateo García
-Coral Polifónica Valdarrosa- Pontecaldelas (Pontevedra). Director: Jesús Moldes Monroy.
DOMINGO 28 DE XUÑO
-Coral Polifónica Virxe do Mar- Cedeira (A Coruña). Director: José A. Suárez Aneiros.
-Coral Cofradía de Pescadores do Grove (Pontevedra). Directora: Josefa María Dorado Soto.
-Coral Polifónica A Pombiña- Pedroso (Narón). Director: Francisco San Ramón Calvo.
As actuacións comenzarán a partires das 20 horas, con entrada libre e de balde. Colaboran o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, e a Federación Coral Galega (FECOGA).