O Alcalde recibíu ós alumn@s de 3º e 4º de Educación Primaria deste colexio.
Narón, 18 de Novembro de 2009.- Alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponte de Xuvia visitaron hoxe o Concello de Narón, para coñecer as dependencias administrativas e o seu funcionamento. Durante o seu percorrido, o personal municipal ensinoulles as distintas seccións e departamentos do Concello e levounos ata o Salón de Plenos, onde foron recibidos polo Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco.
O rexedor contestou ás preguntas que os nenos/as lle formularon sobre a súa cidade, e tamén explicou a composición da Corporación Municipal. Os estudiantes recibiron do Concello distintos agasallos en agradecemento pola súa visita. Con anterioridade, outros colexios e institutos de Narón visitaron tamén o Consistorio Municipal.