O CONCELLO ILUMINARÁ ESTA NOITE DE COR VERMELLA O PAZO DA CULTURA E A ROTONDA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
O edil de Sanidade, Santiago Galego, anunciou que o Concello se suma un ano máis á conmemoración do Día Mundial do Corazón
Narón, 29 de setembro de 2021. O Concello súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón e iluminará esta noite de cor vermella a fachada do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, recordou que o lema deste ano é “Usa corazón”.
A través das campañas impulsadas dende a Fundación Española del Corazón lembráronse unha serie de recomendacións como realizar media hora de actividade física ou intensa cinco veces á semana, comer cinco porcións de fruta e vexetales ao día, evitar o consumo de alimentos procesados ou non fumar, entre outros.
Galego incidiu na importancia de visibilizar as enfermidades cardiovasculares e de afondar nas medidas de prevención de cara á cidadanía en xeral.