UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ DOUS DÍAS DESTA SEMANA NA CIDADE
O vehículo estará operativo o mércores pola mañá e o xoves durante todo o día, en ambos casos nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 20 de xuño de 2022. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este mércores e o xoves, nas inmediacións do novo centro de saúde. O vehículo permanecerá operativo o mércores 22 en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 e o xoves durante todo o día, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.