A PROPOSTA VENRES DE CONSUMO RESPONDE OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "COMERCIO ELECTRÓNICO"
O acceso á aula virtual da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia podera facerse a partir das 12.30 horas
Narón, 13 de outubro de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 12.30 horas e durante a mesma falarase sobre o consumo e os nosos dereitos para tratar o “Comercio electrónico”.
As persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia a través da ligazón habilitada para a mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer en “Únase dende o navegador”.