A PRODUTORA PORTOCABO RODOU NA CIDADE NOVAS ESCENAS DA TERCEIRA EDICIÓN DA SERIE "RAPA"
O Concello restrinxiu estacionamentos temporalmente en varias rúas e autorizou o uso de instalacións como o antigo centro de saúde
Narón, 7 de novembro de 2023. A grabación da terceira tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade implicou a cesión de instalacións como o antigo centro de saúde e restricións no estacionamento en varias rúas da cidade. Dende a produtora Portocabo solicitáronse ao Consistorio os permisos oportunos para atender as necesidades das gravacións nos últimos meses.
As rúas Santo Tomás, San Nicolás, San Xurxo, o Camiño do Peregrino, as inmediacións do estadio municipal de Río Seco, a zona de Aldea Nova, en Sedes, e o Auditorio municipal da Praza de Galicia foron algúns dos espazos sobre os que traballaron dende a produtora dened o pasado mes de agosto.
Así mesmo, á hora de aplicar estas medidas, contouse coa colaboración de persoal voluntario de Protección Civil de Narón, do SPEIS e tamén axentes da Policía Local, co fin de atender as demandas solicitadas pola produtora.