CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS PRESIDENTES E VOGAIS DAS MESAS ELECTORAIS DO 9 DE XUÑO
O Concello acolleu esta mañá a sesión e tamén se realizou hoxe o sorteo informático para a designación
Narón, 13 de maio de 2024. O Concello acolleu esta mañá, ás 9.00 horas, un pleno extraordinario para designar aos integrantes das mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios europeos do vindeiro 9 de xuño.
O sorteo informático realizouse hoxe e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir haberá que comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da citada comunicación).