Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN FESTIVAL DE MÚSICA CO PEQUE CORO SOLIDARIUM E O CORO DA CAPO
A concelleira de Política Social, María Lorenzo, informou que a iniciativa dará comezo ás 17:30 horas
Narón, 29 de maio de 2024. O Coro da Capo e o Peque Coro Solidarium do Concello de Narón actuarán este sábado, día 1, no Centro Cívico Social de Pedroso. Así o anunciou a concelleira de Política Social, María Lorenzo, informando que a convocatoria dará comezo ás 17:30 horas e estará aberta á asistencia da cidadanía en xeral. O Concello de Narón organiza o acto, no que os menores que integran estas dúas formacións, interpretarán varios temas para o público asistente. O Peque Coro está integrado por menores de 6 a 15 anos e o Coro da Capo para mocidade de entre 16 e 35 anos, moitos deles de Narón aínda que tamén hai varios rapaces e rapazas doutros concellos da comarca. Cristina Teijeiro, Olga Vigo e Graciela Galdo son as tres persoas que dirixen os coros municipais.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal