Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLITOECA ACOLLERÁ UN FALADOIRO INFORMATIVO SOBRE O DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CORREDORAS
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que a convocatoria se organiza en colaboración do Club Deportivo 21 Leguas
Narón, 29 de maio de 2024. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou unha das iniciativas que se desenvolverá a vindeira semana, concretamente o mércores día 5, na Biblioteca municipal, o faladoiro informativo sobre o Día mundial das persoas corredoras. A planta soto acollerá, a partir das 19:00 horas esta proposta, con cuxa efeméride se homenaxea aos millóns de corredores e corredoras do mundo. O Club Deportivo 21 Leguas colabora nesta proposta, de acceso libre ata completar a capacidade da sala. Integrantes do citado club deportivo participarán no faladoiro, abordando temas de interese para os corredores e corredoras de todos os niveis. Hugo Piñeiro ofrecerá información sobre como correr en montaña e equipamento esencial para unha experiencia segura; Tamara López sobre a importancia de contar con especialistas deportivos para mellorar o rendemento e previr lesións e Manel Lorenzo, a partir da súa experiencia persoal, analizará perfís de corredores/as atendendo ás diferentes idades e niveis de experiencia. Así mesmo, abordaranse os beneficios para a saúde de practicar este deporte.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal