Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA REUNIÓN TÉCNICA CON PERSOAL DO MINISTERIO DE VIVENDA PARA ABORDAR A AXENDA URBANA 2030
Marián Ferreiro participou na convocatoria xunto cos edis de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, e Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos; persoal técnico municipal e representantes da Secretaría Xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana: a subdirectora Xeral de Políticas Urbanas, Sonia Hernández e a técnica Sonsoles González
Narón, 29 de maio de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu onte no Consistorio unha reunión técnica, de carácter telemático, na que se abordou a Axenda Urbana de Narón. Na convocatoria profundizouse na metodoloxía que propón a Axenda Urbana Española. No encontro participaron tamén os edis de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, e Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos; persoal técnico municipal e representantes da Secretaría Xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana: a subdirectora Xeral de Políticas Urbanas, Sonia Hernández e a técnica Sonsoles González. A Axenda Urbana 2030 establece unhas liñas estratéxicas de traballo a executar dende o Concello e que se concretarán no Plan de Acción Local. No proceso traballouse conxuntamente co ámbito político, técnico e tamén cos axentes económicos e sociais da localidade, así como realizando unha consulta cidadá. As actuacións deben ter entre os seus obxectivos a mellora da dimensión física e ambiental, a da económica e a competitividade e a dimensión social do territorio. No marco da Axenda Urbana Española, os concellos terán máis posibilidades para obter financiamento europeo a través do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027 nos vindeiros anos para materializar as propostas que se plantexen. Ordenar o solo dun xeito compatible co entorno, mellorar o patrimonio natural e cultural, as infraestruturas verdes… enmárcanse nos obxectivos da Axenda Urbana Española que se deben acadar a través da Axenda 2030. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a importancia de que a cidade conte cunha Axenda Urbana que permita definir as liñas de traballo que se priorizarán de cara aos vindeiros anos e que consolidarán o futuro de Narón nun marco global”.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal