Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ UNHA CONFERENCIA PARTICIPATIVA SOBRE A PREVENCIÓN DO DETERIORO DA SAÚDE MENTAL
A edil de Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que se impartirá de 19:00 a 20:30 horas
Narón, 30 de maio de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que o vindeiro venres, día 7 de xuño, terá lugar no local social do Alto do Castiñeiro unha conferencia participativa de reflexións sobre ocupación e saúde mental. “Por que e para que nos levantamos pola mañá?” é o título desta conferencia, organizada polo Concello e que se desenvolverá dende as 19:00 ata as 20:30 horas. A encargada de impartir a charla será Nuria García, terapeuta ocupacional do hospital de día de psiquiatría na Área Sanitaria de Ferrol. A ponente coordina grupos e proxectos de participación colectiva e tamén imparte clases na Universidade da Coruña. A iniciativa enmárcase no obradoiro Encontros de Mulleres e ten entre os seus obxectivos a prevención do deterioro da saúde mental. A convocatoria está aberta á participación da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade do local.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal