Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CREARÁ UN CONSELLO SECTORIAL DE MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA
O acordo adquiriuse por unanimidade da corporación local no pleno ordinario do mes de maio
Narón, 30 de maio de 2024. A corporación local aprobou no pleno desta tarde por unanimidade a creación do Consello Sectorial de Memoria Histórica e Democrática do Concello de Narón, atendendo deste xeito unha petición realizada dende a Asociación Memoria Histórica Democrática. O organismo, tal e como se indicou na sesión, funcionará como espazo de asesoramento, información, debate, estudo… co fin de defender e promover os dereitos humanos e o recoñecemento da Memoria Histórica Democrática. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o Consello, do que será vicepresidenta a edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro e no que estarán representados como vogais os portavoces dos catro grupos políticos da corporación local. A maiores dos representantes municipais tamén integrarán a comisión representantes da asociación Memoria Histórica Democrática, e do movemento asociativo, entre outros. O convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridade e o Concello de Narón para incorporar axentes da Policía Local ao Sistema de Seguemento Integral dos casos de violencia de Xénero (VioGen) foi aprobado tamén por unanimidade e ratificouse no pleno a súa sinatura. O Consistorio solicitou incorporarse ao citado sistema co fin de ofrecer maior protección e seguemento ás vítiimas de violencia de xénero a través de procedementos colaborativos de coordinación entre os axentes da Policía Nacional e a Local. Á sesión plenaria foi tamén o acordo de todos os grupos para adxudicar o contrato para a subministración, mediante o sistema de renting, dun vehículo furgón de atestados para a Policía Local. A empresa adxudicataria é Grupivazgle SL e o prazo do contrato é de cinco anos. Na sesión plenaria aprobouse renovar o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña -que está en vigor dende 2004- para utilizar o centro de día de menores de Ferrol ata o ano 2027. Nas instalacións acollen a nenas e nenos de entre 0 e 12 anos e reservaríanse para a localidade un total de dez prazas, fronte ás cinco que había inicialmente. No apartado de mocións, aprobouse a presentada polo PP e o PSOE para destinar o remanente da Praza de Galicia á cuberta das pistas polideportivas de San Xiao e Doso e tamén a dos populares para buscar unha alternativa á problemática das moscas do Val. A moción presentada polo BNG para a creación n acidade dun Centro de Información á Muller tamén saíu adiante na sesión plenaria. A continuación debatiuse a moción do PP sobre a recuperación do patrimonio natural no litoral da zona do Couto que tamén saíu adiante na sesión plenaria. A segunda moción presentada polo BNG, que tamén se aprobou, foi solicitando convocar a primeira Xunta do Padroado de Deportes e unha asemblea de entidades. Neste punto, dende o goberno local aclarouse que actualmente está convocado o proceso de eleccións ao Padroado de Deportes, para o día 21 deste mes, paso previo necesario para levar a cabo a Xunta do Padroado. TEGA presentou unha moción para a mellora da asistencia sanitaria en materia de saúde mental que saíu adiante na sesión. Fóra da orde do día presentouse unha moción do PSOE, aprobada, para a construción dun parque infantil e unha pista multideporte no antigo campo de fútbol das Aceas.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal