Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PERMITIRÁ O PAGO DE TRIBUTOS MEDIANTE XIRO POSTAL A PARTIR DE MAÑÁ
O edil de Facenda, Román Romero, recalcou que a medida, que se suma ás outras opcións existentes, mellora a eficiencia da xestión pública
Narón, 31 de maio de 2024. O Concello asinou un convenio con Correos y Telégrafos SA que permitirá á cidadanía pagar dende mañá, 1 de xuño, tributos ou outros ingresos de dereito público á facenda municipal mediante un xiro postal. Así o anunciou o concelleiro de Facenda, Román Romero, que indicou que se poderá realizar a través das oficinas de Correos ou, no ámbito rural, mediante os carteiros rurais por medio de dispositivos electrónicos. As persoas que desexen acollerse a este sistema de pago deberán ter o documento de pago emitido pola administración e poderán realizalo tanto en efectivo como mediante unha tarxeta bancaria. O pago ten que ser pola totalidade do importe a ingresar, non contemplándose a opción de ingresos parciais. Unha vez que se realice o persoal de Correos entregará ao usuario ou usuaria un resgardo do xiro postal, en cuxa data de emisión se considerará o abono como realizado a todos os efectos. Correos cobrará ás usuarias e usuarios deste sistema as tarifas ou demais cantidades que teña estipuladas pola prestación do citado servizo, que non serán importes pagados á administración e quedarán excluídos da relación xurídica existente entre a persoa obrigada ao pago e o Concello de Narón. Romero recalcou que se trata dun sistema “pensado para evitar que as veciñas e veciños do rural teñan que evitar desprazamentos ao Concello para realizar ese tipo de trámites coa administración, mellorando este servizo e a eficiencia da xestión pública”. Esta canle de pago, apuntou, sumarase ás habituais xa existentes na administración.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal