Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO PRESTARÁ APOIO TÉCNICO AO CONCELLO EN MATERIA DE CARTOGRAFÍA DE CARA Á REDACCIÓN DO PXOM
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse en Compostela co director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024.- O Instituto de Estudos do Territorio, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, prestará apoio técnico en materia de cartografía ao Concello de Narón de cara á redacción do Plan xeral de ordenación municipal, tal e como acordaron o director do IET, Enrique de Salvador, e a alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro. Durante un encontro que mantiveron recentemente en Santiago de Compostela, a rexedora solicitou asesoramento en materia de fotogrametría, bases de datos territoriais e referencias cartográficas co obxectivo de contar con información xeográfica actualizada e fiable do concello que sirva de apoio para á elaboración do plan urbanístico. Nesa liña, Enrique de Salvador informou á rexedora da información que o IET pode poñer á disposición do concello en base ás escalas que son necesarias adoptar acorde coas normas da Base Topográfica (BTG) e da Base Topográfica Urbana de Galicia (BTUG), que son as que rexen na elaboración da cartografía de apoio aos plans de ordenación urbanística na Comunidade.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal