Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRESIDENTE DA CIDADE POLACA DE LOMZA VISITARÁ ESTA SEMANA A CIDADE
A viaxe realizarase trala estadía dun dos responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, a pasada semana, na cidade polaca
Narón, 25 de xuño de 2024. Un dos responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, desprazouse a pasada semana á cidade de Lomza, en Polonia, coincidindo coa celebración do aniversario da concesión dos dereitos a esta localidade. A viaxe programouse ademais para realizar un encontro coa comunidade pedagóxica e alumnado da Escuela Primaria nº 10, para coñecer os materiais didácticos e o equipamento co que contan nos centros educativos en materia de educación e seguridad viaria. Caneiro participou nos actos oficiais do aniversario da concesión de dereitos a Lomza programados no Concello, lendo unha carta en nome da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, na que felicitaba aos habitantes da localidade e destacaba como se soubo reinventar tralos devastadores efectos da Segunda Guerra Mundial. A rexedora municipal valorou o feito de que hoxe Lomza, a máis de 3000 quilómetros de Narón, sexa “un modelo económico e cultural e tamén de crecemento poboacional” e destacou a importancia de coñecer os proxectos que levan a cabo en materia de educación viaria. Con esta finalidade, Pedro Caneiro aproveitou a súa estancia para visitar un centro, acompañado polo presidente de Lomza, Mariusz Chrzanowski e a directora da Escuela Primaria nº 10, Jadwiga Maria Kierejczyk, o que lle ofreceu a oportunidade de intercambiar experiencias e comparar os sistemas educativos polaco e español. O centro polaco visitado, conta con 1.300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregaron algúns agasallos antes de que Caneiro asinase no libro conmemorativo do centro. Na súa estancia en Polonia o representante do equipo de Educación Viaria de Narón informou tamén sobre o proxecto “Global Minds”, no que Narón participará xunto con Polonia, Turquía e Bulgaria a través do programa Erasmus. Esta mesma semana, o xoves, o presidente Mariusz Chrzanowski, realizará unha visita institucional ao Concello de Narón, acompañado doutros representantes da corporación de Lomza. Durante a súa estadía na cidade aproveitarán tamén a ocasión de coñecer directamente parte do sistema educativo e do traballo que se desenvolve na área de Educación Viaria co alumnado dos centros de ensino da cidade.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal