Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XXXIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE ORGANIZADO DENDE O PADROADO DE CULTURA CELEBRARASE ESTE SÁBADO NO PARQUE DE FREIXEIRO
A cidade acollerá este sábado, día 20, a trixésimo terceira edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura. Unha cita que como indicou a alcaldesa da cidade e presidenta do citado organismo municipal, Marián Ferreiro, se desenvolverá novamente na zona do parque do río Freixeiro a partir das 21.00 horas e con entrada de balde.
Narón, 17 de xullo de 2024. A cidade acollerá este sábado, día 20, a trixésimo terceira edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura. Unha cita que como indicou a alcaldesa da cidade e presidenta do citado organismo municipal, Marián Ferreiro, se desenvolverá novamente na zona do parque do río Freixeiro a partir das 21.00 horas e con entrada de balde. Nesta convocatoria actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón, o conxunto WICI Song & Dance Company (EEUU), o Grupo Folclórico “Los Jateros” (Badaxoz), a Agrupación de Danza Folclórica Bajnóca (Hungría) e o Ballet Folclórico Municipal “La Estrella” (Colombia). A Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, integrada por preto de medio cento de persoas de diferentes idades, constituíuse co obxectivo de salvagardar e contribuír á difusión da música tradicional galega. É unha das bandas máis antigas da comarca e conta cun amplo repertorio de corte tradicional –muiñeiras, alboradas…- e tamén de pezas de novos autores. O Grupo de Baile Tradicional “Alxibeira”, integrado por mozas e mozos de entre 15 e 30 anos ten entre os seus obxectivos a revalorización do folclore e costumes de Galicia e a recuperación das nosas tradicións. “Alxibeira” realizou un intenso traballo de investigación por Galicia na procura de bailes, cancións… para elaborar o seu repertorio e os traxes dos integrantes da agrupación foron reconstruídos seguindo os patróns dos antigos e incluso conservan algunhas pezas orixinais. En canto ás formacións convidadas, WICI Song & Dance Company, de de Estados Unidos, constituíuse no ano 1972. Nos seus inicios o seu repertorio consistía en danzas e cancións de orixe polaco, comenzando dende hai uns anos a explorar o floclore estadounidense, influenciado por country western, o bluegrasse e a música antiga que incorporan nas súas actuacións. O grupo está composto por máis de 300 bailaríns, contando o seu conxunto máis representativo con 70 persoas. O Grupo Folclórico “Los Jateros” de Badaxoz creouse no ano 1965 co obxectivo de bailar e cantar na festividade da patroa de Fregenal. Pouco a pouco comenzaron a ampliar o seu campo de traballo dándolle difusión aos bailes e cancións populares de Estremadura. Na actualidade o grupo está composto por uns 250 membros. A agrupación de Danza Folclórica de Bajnöca, Hungría, fundouse no 2009 e ten un repertorio de danzas de toda a conca dos Cárpatos así como de danzas antigas. Está constituída por un grupo de adultos, varias seccións xuvenís con mais de 110 persoas e unha sección formada por persoas da terceira idade. No ano 2014 nace o Ballet Folclórico Municipal “La Estrella” de Colombia, iniciando no 2018 o seu proceso de internacionalización. Está conformado por máis de 30 mozos/as e adultos e as súas montaxes están baseadas na vivencia do folclore colombiano de norte a sur e de oriente a occidente, pasando por todas as rexións do país. A alcaldesa animou á cidadanía a acudir a este evento, “no que desfrutar da cultura e as tradicións nun espazo natural e incomparable da nosa cidade como é o Parque do río Freixeiro”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal