Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DO TRISHARK 2024
O Concello habilita un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 20, dunha nova edición do Trishark Narón.
Narón, 18 de xullo de 2024. O Concello habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 20, dunha nova edición do Trishark Narón. O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ao tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 16.15 e as 19.00 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento. Os vehículos desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara aos tramos abertos da Estrada de Castela, e dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo. Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas. Oreona solicitou de antemán desculpas á cidadanía polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para ofrecer as máximas garantías neste evento deportivo.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal