Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS VALES DAS TRES CEAS SORTEADAS NA II RUTA DO PEMENTO DO COUTO E O PREMIO Á MELLOR TAPA
A Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada da concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron esta mañá no Concello os vales das ceas sorteadas no marco da II Ruta degustación do pemento do Couto, así como o premio do xurado popular á mellor tapa.
Narón, 22 de xullo de 2024. A Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada da concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron esta mañá no Concello os vales das ceas sorteadas no marco da II Ruta degustación do pemento do Couto, unha iniciativa impulsada dende o Concello e dirixida ao sector hostaleiro local. Tres foron as persoas gañadoras doutras tantas ceas en establecementos adheridos a esta convocatoria, coa que se aposta por promocionar o pemento do Couto e, ao mesmo tempo, a hostalería da cidade. A pasada semana realizouse no Concello o sorteo no que resultaron premiadas as papeletas de Iván Novo, Iria Vilela e Bruno Ares. Entre os días 4 e 14 de xullo os establecementos que este ano participaron na ruta serviron á clientela coas consumicións tapas elaboradas con pemento do Couto. Todas as persoas premiadas poderán desfrutar dunha cea para dúas persoas valorada en 100 euros no establecemento que elixan dos trece que participaron neste programa. A Alcaldesa tamén fixo entrega ao establecemento Mamá Flora dun premio de 300€ como gañador da mellor tapa nas votacións do xurado popular do concurso de tapas. O demais establecementos participantes recibiron unha placa de agradecemento pola súa colaboración nesta campaña. Marián Ferreiro felicitou ás persoas que recibiron o premio e agradeceulles a súa participación nesta iniciativa. Así mesmo, destacou “a implicación, unha vez máis, do sector hostaleiro local, que conxuntamente coa cidadanía fixo que esta proposta da Ruta degustación do pemento do Couto resultase todo un éxito”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal