Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REXEITA A SUBIDA DO CANON DE SOGAMA E SOLICITA UN CAMBIO NO MODELO DE XESTIÓN EN GALICIA
O Concello acolleu esta mañá a celebración do pleno ordinario no que se aprobou unha moción rexeitando a subida do canon da empresa Sogama, cos votos favorables dos edís de TEGA, BNG e PSOE. A Federación Galega de Municipios e Provincias xa manifestou a súa oposición ao incremento plantexado e na moción presentada ao pleno polos nacionalistas califícase de “paradoxal” o feito de que “o goberno do PP foi o que no seu día preveu a través de Sogama unha xerarquización nas opcións de tratamento dos residuos.
Narón, 24 de xullo de 2024. O Concello acolleu esta mañá a celebración do pleno ordinario no que se aprobou unha moción rexeitando a subida do canon da empresa Sogama, cos votos favorables dos edís de TEGA, BNG e PSOE. A Federación Galega de Municipios e Provincias xa manifestou a súa oposición ao incremento plantexado e na moción presentada ao pleno polos nacionalistas califícase de “paradoxal” o feito de que “o goberno do PP foi o que no seu día preveu a través de Sogama unha xerarquización nas opcións de tratamento dos residuos, optando pola incineración con recuperación de enerxía e non incluíndo o tratamento da compostaxe, sendo agora quen se beneficie dos ingresos do imposto que penaliza esta opción”. A través da moción aprobada instarase á Xunta a repartir entre todos os concellos galegos os 12.100.000 de euros do Fondo Adicional, repartindo en función das toneladas depositadas por cada concello. Así mesmo, ínstase a achega total da cantidade recadada polo imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos, que orzamentaron inicialmente en 12.150.039 de euros, para implementar bonificacións no canon dos concellos e a crear unha comisión de traballo na que estean presentes Sogama, as consellerías de Medio Ambiente e Facenda e a Fegamp para determinar as condicións do canon para o vindeiro ano e debater o cambio de modelo de xestión en Galicia. O apoio ao persoal traballador en folga da empresa Maitours, das liñas de autobús entre Ferrol, Narón e Neda, chegou ao pleno deste mes como declaración institucional. A corporación local manifesta públicamente o apoio ás reivindicacións e folga do persoal da compañía e urxe a axilización do proceso para que se asine o convenio provincial por parte da empresa e que pague os atrasos aos traballadores. A corporación local levou tamén ao pleno outra declaración institucional, neste caso para a unidade na loita contra a violencia de xénero (Ministerio d Igualdade e FEMP), en defensa dos consensos que permitiron e permiten avanzar na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria para mulleres e homes e na loita contra a violencia de xénero como responsabilidade colectiva e que require da unidade de todas as institucións. As entidades locais, tal e como se recolle no documento, desenvolven un papel fundamental ao ser as administracións máis próximas á cidadanía e a porta de acceso a sistemas de protección, asistencia e recursos ás vítimas. Na sesión plenaria desta mañá aprobouse definitivamente, tras resolver as alegacións presentadas ao documento, o inventario de vías do Concello de Narón, que se poderá consultar no Xeoportal corporativo. O acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello. No apartado de mocións o PP e o PSOE presentaron unha conxunta sobre a implementación dun plan de seguridade para eventos patrocinados polo Concello de Narón; esta foi aprobada cunha emenda do BNG Os populares presentaron, unha moción, tamén aprobadada, de reacondicionamento da contorna da urbanización do Couto e o PSOE outra para que o 50% do POS Adicional deste ano se adique á zona rural de Narón esta aprobada coa unanimidade de toda a corporación. Tamén por unanimidade saiu a diante a moción do BNG en apoio á plataforma Ágora, integrada por entidades e organizacións da comarca de Ferrol, persoal do centro e familiares de residentes no CAPD Souto de Leixa –centro da Xunta de Galicia para atención a persoas con discapacidade intelectual- en defensa dos dereitos deste último colectivo.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal