Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO DE XUVIA ACOLLERÁ O DÍA 4 DE AGOSTO A XXIV FESTA DA AMEIXA RUBIA
A vixésimocuarta edición da Festa da ameixa rubia celebrarase o día 4 de agosto no paseo marítimo de Xuvia. Así o anunciaron as edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Olga Ameneiro, respectivamente, que presentaron a programación da convocatoria xunto con Patricia Romero, vogal da AVV Altea, da citada parroquia.
Narón, 26 de xullo de 2024. A vixésimocuarta edición da Festa da ameixa rubia celebrarase o día 4 de agosto no paseo marítimo de Xuvia. Así o anunciaron as edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Olga Ameneiro, respectivamente, que presentaron a programación da convocatoria xunto con Patricia Romero, vogal da AVV Altea, da citada parroquia. A festa comezará pola mañá, cunha sesión vermú de 13.00 a 15.00 e un xantar a partir das 15.00 horas cun menú a base de ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares. Os tickets poderán adquirirse na cafetería da AVV Altea, ou chamando para reservarlos ao número de teléfono 981 393 561. Tralo xantar haberá música de novo a partir das 17.00 horas e previamente, de 16.00 a 18.00 xogos tradicionais. A música continuará de 18.00 a 19.00 horas co concerto de Brais das Hortas e ás 19.30 será a xa tradicional Festa da escuma, tal e como avanzaron dende a organización. Dende o Concello e a AVV Altea animouse á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta festa, para desfrutar da música, dos xogos e, como non, dun dos produtos máis característicos e apreciados da nosa ría, a ameixa rubia.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal