Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DE AUTOBÚS E OUTRO PARA O DE CAMIÓN E TRÁILER
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que as inscricións se tramitarán dende o 6 ata o 9 de agosto, ambos incluídos
Narón, 5 de agosto de 2024. O Concello convoca un curso de Preparación para a obtención do permiso de condución D (autobús) con CAP inicial de viaxeiros/as e outro de Preparación para a obtención do permiso de condución C (camión) e E (tráiler) con CAP inicial de mercadorías. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que se poderán inscribir dende mañá, 6 de agosto ás 8.30 horas ata o 9 deste mes ás 13.00 horas. No caso do curso para obter o permiso de condución de autobús o alumnado deberá ser maior de 24 anos e no de camión e tráiler ser maior de 21. Así mesmo, nos dous casos é preciso que teñan en vigor o permiso de condución B, ter superado o correspondente psicotécnico e estar empadroado/a no Concello de Narón. Poderán tamén inscribirse persoas doutros concellos que cumpran os requisitos e que accederán á acción formativa no caso de que queden vacantes. Cada un dos cursos terá unha duración de 250 horas e impartiranse na sede da Autoescola Anpidriver, na Gándara (rúa Concepción Arenal, 73, Narón) entre o 9 de setembro e o 14 de novembro deste ano, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ofértanse un total de dez prazas para cada un dos cursos e das horas totais 130 correspóndense coa formación teórica presencial para a preparación do CAP; 12 clases serán prácticas de condución ata completar 10 horas (incluídas as dos exames) e 110 horas serán de formación para os permisos –D ou C e E- (incluídas as de presentación aos exames oficiais). A edil de Formación explicou que será de balde para o alumnado o pago das taxas de exames teóricos/pista e circulación para o carné D e tamén para os C e E, e as taxas de expedición e exames teóricos do CAP inicial obrigadas por Tráfico (sen incluír a renovación, só unha convocatoria), debendo o alumnado abonar o pago do psicotécnico. As persoas interesadas deben presentar as instancias no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica de Narón ou a través do resto de medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal