MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO CRIME MACHISTA DE MERCEDES RÍOS MUÑIZ
Edís da corporación local, co alcalde accidental á cabeza, Manuel Ramos, e persoal do Consistorio acudiron á convocatoria
Narón, 8 de agosto de 2024. O alcalde accidental, Manuel Ramos, presidiu este mediodía, ás 12.00, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime machista que lle custou a vida a pasada semana a Mercedes Ríos Muñiz, veciña de Labañou (A Coruña) de 74 anos e asasinada polo seu home, de 78 e actualmente en prisión.
No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. Os asistentes portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”.