Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DE EXALTACIÓN DO PORCO Ó ESPETO CELEBRARASE O 24 DE AGOSTO NA PARROQUIA DE PEDROSO
O alcalde accidental, Manuel Ramos, e a edil de Festas, Mar Gómez, presentaron o evento con Ángel Merlán, Antonio Padín, Víctor Bouza e Bernadette Román, presidente, vicepresidente, tesoureiro e vogal, respectivamente, de A Pombiña
Narón, 13 de agosto de 2024. A parroquia de Pedroso acollerá a finais deste mes, o vindeiro día 24, a Feira de exaltación do porco ó espeto. O Concello e a Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, organizan esta convocatoria, que presentaron hoxe no Consistorio o alcalde accidental, Manuel Ramos, a concelleira de Festas, Mar Gómez, e Ángel Merlán, Antonio Padín, Víctor Bouza e Bernadette Román, presidente, vicepresidente, tesoureiro e vogal, respectivamente, de A Pombiña. A programación da xornada inclúe unha sesión vermú cunha actuación musical e todas e todos os asistentes poderán degustar uns petiscos de balde. Dende as 9:00 horas veciños da parroquia estarán preparando os dous porcos, de aproximadamente 90 quilos cada un, que se cociñarán para degustar a partir das 21:00 horas. As persoas interesadas poden adquirir os tickets na cantina da Sociedade Cultural e Deportiva A Pombiña, abonando 20 euros as persoas que non son socios/as; 15 os socios/as da entidade; 10 euros os menores de 10 a 17 anos e de balde os menores de 10 anos. No prezo deste menú, tal e como indicaron dende a entidade, inclúese a degustación de porco ao espeto, churrasco, chourizos, pan, cachelos, bebida, sobremesa e café. Nas inmediacións do local social instalarase unha carpa con mesas e cadeiras para unhas 300 persoas. Ao longo da tarde haberá tamén actividades, con propostas de animación infantil dende as 18:00 horas na pista polideportiva e unha actuación musical pola noite. Os representantes do goberno local e da Pombiña animaron ás veciñas e veciños a achegarse a Pedroso o día 24 para desfrutar desta feira de exaltación do porco ó espeto e tamén da programación que trae aparellada este evento, tradicional xa cada ano nesta parroquia naronesa.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal