Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA SOLCIITAR OS VALES PARA COMPRAR AGASALLOS DE NADAL DIRIXIDOS A MENORES DE FAMILIAS VULNERABLES
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que se poderán solicitar nun prazo de quince días hábiles
Narón, 6 de setembro de 2024. A partir do vindeiro luns, 9 de setembro, permanecerá aberto no Concello, durante quince hábiles (contados dende esa data) o prazo para solicitar as axudas convocadas para a adquisición de agasallos de Nadal destinadas ás familias máis vulnerables da cidade, contribuindo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias máis vulnerables. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de hoxe. Poderán solicitar as axudas todas as familias empadroadas en Narón con fillos ou fillas menores que a 31 de decembro de 2024 teñan entre 0 e 16 anos. As solicitudes poderanse presentar xunto coa documentación correspondente no Rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica do Concello de Narón ou en calquera outro medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas. A edil naronesa explicou que a contía a conceder será de 60 euros por menor e o pago da mesma realizarase a través dun vale que se poderá presentar nos establecementos comerciais da cidade que acepten este medio de pago para poder adquirir os artículos solicitados polo importe máximo que figure no citado vale. As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/09/06/2024_0000006185.pdf.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal