Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONTACONTOS "UNHA RECEITA CONTRA AS BURLAS"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a actividade se desenvolverá ás 11:00 horas
Narón, 9 de setembro de 2024. A Biblioteca municipal acollerá este sábado, día 14, “Unha receita contra as burlas”, un contacontos para público infantil (a partir de 4 anos) e familiar. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, informou da apertura do prazo de inscrición, mañá martes ás 9:00 horas presencialmente na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A actividade dará comezo ás 11:00 horas e suporá retomar o programa de actividades infantís da Biblioteca. Nerea Brey será a persoa encargada de presentar a historia de Marga, unha nena que comeza a ter problemas de visión e ten que usar lentes. Algúns compañeiros de colexio búrlanse dela o primeiro día que as leva e a historia permitirá tamén coñecer a dous xemelgos que van á mesma escola e se converten en vítimas das burlas e tamén a valorar a importancia das amizades para superar este tipo de situacións que lamentablemente se producen. “É un contacontos pensado para sensibilizar ás nenas e nenos principalmente, sobre un grave problema, o acoso escolar, e tamén para facelos conscientes da importancia de denunciar estes casos e apoiar ás vítimas incondicionalmente, ao tempo que rexeitar firmemente ese tipo de condutas”, apuntou a concelleira. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do programa Ler Conta Moito.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal