Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 300 ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPARON NOS ACTOS DA SEMANA DA SEGURIDADE ORGANIZADOS POLO CONCELLO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recalcou que se trata dunha proposta moi didáctica para os menores
Narón, 7 de outubro de 2024. Un total de 306 escolares da cidade participaron a pasada semana nas actividades organizadas polo Concello, a través da Concellería de Seguridade Cidadá, con motivo da Semana da Seguridade. O alumnado de sexto curso de Primaria dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, O Feal, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, e Santiago Apóstol sumouse a esta iniciativa, que se desenvolveu durante catro días, do 1 ao 4 de outubro. Os espazos interiores dos propios colexios ou pavillóns polideportivos dos mesmos acolleron a actividade, coordinada por Sonia López, do equipo de Educación Viaria de Narón. Durante unha hora e media, aproximadamente, os escolares tiveron a oportunidade de coñecer a casa do fume, na que se simulaba un incendio dentro dunha vivenda para, a continuación, explicarlles aos menores como se debe actuar ante un suceso destas características. Na actividade colaborou tamén persoal de Protección Civil de Narón e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS). Unha vez co alumnado, amosábaselles a casa inchable sen fume para, a continuación, enchela de fume e ensinarlles a xestionar unha evacuación, procedemento este último que se facía tras explicarlles as normas básicas de evacuación. O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, incidiu en que se trata “dunha proposta moi didáctica para os menores, que lles proporciona uns coñecementos que poden poñer en práctica a través do simulacro e que no caso de que sexa necesario, que mellor que non faga falta nunca, saiban reaccionar para minimizar posibles riscos”.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal